Concello da Coruña

Concello da Coruña

SomosPro: Detectives de ilusións

Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 14 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

17/12/2025

Inscricións:

Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

mércores 17 de decembro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Obradoiro "Detectives de ilusións", para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Neste obradoiro descubriremos que non todo é o que parece, que non hai unha única verdade, e que a realidade pode cambiar segundo os ollos que a miren. Como funcionan as ilusións ópticas? Sabes o que é un estereograma? Coñeces o zoom infinito? Veste capaz de descifrar problemas de enxeño sen axuda da IA? 

Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión