Premio á Mellor Interpretación Masculina Fetén 2023
Familias, Infancia, Para público en xeral
14/10/2023
Xa rematou
18.00 h
45 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 €
* (abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
(menores de 3 anos: 2,00 €)
**O abono só se vende no despacho de billetes.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Mais, que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo...
Pasen e vexan a bambolina deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.
Autoría, adaptación, escenografía e interpretación: Roi Borrallas
Deseño de son e iluminación: Joan Cot Ros
Vestiario: Mina Trapp
Teatro xestual, sen texto.
Público: a partir de 5 anos
VENDA DE ENTRADAS: