No ano 2023 conmemórase o 300 Aniversario das Catro Estacións de Vivaldi.
Familias, Infancia, Para público en xeral
04/11/2023
Xa rematou
18.00 h
60 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 €
* (abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
(menores de 3 anos: 2,00 €)
**O abono só se vende no despacho de billetes
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
https://osmonicrequesdekukas.com/es/espectaculos/viva-vivaldi-123-y-cuatro-estaciones-2/
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Este aniversario inspirounos para crear un espectáculo no que representamos o ciclo da vida e os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran a importancia da amizade, das relacións afectivas e de axuda mutua.
Unha pintora (@Maruxa), unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón) crearán un mundo fantástico e poético cuns monicreques tratados cunha paleta de cores brillantes e contrastadas e coa música descritiva de Vivaldi interpretada fundamentalmente con guitarra acompañada por outros instrumentos como violín e acordeón...
Con: Marian González, Larraitz Urruzola e Marcelino de Santiago (Kukas)
Autoría e Escenografía: Marcelino de Santiago Viqueira Dirección: Isabel Rei Posada
Versión musical para guitarra e Deseño de Son: Rubén Barros Deschamps.
Deseño de Iluminación: Miguel Cabaleiro
Vestiario: Isabel Rei Posada
Teatro musical de actores e monicreques en galego
Público: a partir de 3 anos
VENDA DE ENTRADAS: