Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo Público Outono 2026 - AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Teatro de personaxes

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

17/10/2026

Horario:

18.00 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €

  • Menores de 3 anos: 2,00 €
  • Abono de 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
  • Persoas con certificado de discapacidade e acompañante: 2,00 €

A persoa que adquira entradas con desconto debe presentar a acreditación correspondente no momento de comprar as entradas e de acceder ao auditorio.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá acceder á sala nin se garante o acceso se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e os/as artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que ter entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos, xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo/a responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Ludivina e Tereija son dúas galiñas que viven no curral da Barreira. Están a esperar a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral...

Coa axuda do galo Chafarís e do raposo Rosende intentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e siga xogando con elas...

Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva. Baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika Amores Serodios.

Duración: 50 min

Público familiar. Espectáculo recomendado a partir de 5 anos.

Compañía: Teatro dos Ghazafelhos

Autoría e dirección: Pepablo Patinho

Elenco: Pablo Sánchez, Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión