Clémentine Telesfort & Lisard
Para público en xeral
31/10/2025
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Danza contemporánea
"Caer no infortunio pero con todo atopar a ironía e o humor. Buscar na escuridade. De situacións adversas, inventar unha alternativa. Todo depende do punto de vista."
O dúo de bailaríns Clémentine Telesfort e Lisard Tranis levan ao escenario a expresividade que nace da linguaxe corporal e dos reflexos físicos que entran en xogo ante circunstancias adversas.
La Mecànica de l'Infortuni busca cuestionar a resiliencia do ser humano e expoñer que patróns se forman no corpo ante un reto. Unha reflexión sobre a capacidade creativa do imaxinario, na que a ironía e o humor serven como saída.
Esta peza de danza, teatro e obxectos, revela o grotesco do ser e ao mesmo tempo celebra a beleza que reside nos nosos erros torpes de onde emerxe a autenticidade do movemento e dos xestos.
Creación, dirección & interpretación - Clémentine Telesfort & Lisard Tranis
Música orixinal - Otis Jones
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h