Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

TRC danza: Perder a lingua

Autoría: Eva Comesaña, Rubén Fernández e Eva Antelo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/05/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Pídese puntualidade.

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Perder a lingua é unha peza de danza, voz, videocreación e escenografía que traballan en simbiose para crear unha posta en escena conceptual que pon en valor as nosas raíces, territorio e singularidades culturais.

Dispositivo escénico no que se recolle o proceso de construción dunha lingua. Da ausencia á pertenza, transitamos dende os primeiros esforzos da gorxa por comunicarse, ata a celebración de compartir e ser en común. O recurso gráfico e conceptual que nos acompaña é a forma das ondas sonoras: a liña debuxada polo espectograma imita a liña do horizonte, e as ondas cadradas definen os límites do espazo escénico.

Espectáculo de danza de pequeno formato e longa duración, para público adulto, concibido para salas e teatros, onde a interacción tecnolóxica amplía e reverbera a creación viva do escenario.

Foi creado grazas ás axudas á nova creación 2024 do AGADIC, Xunta de Galicia

Autoría: Eva Comesaña, Rubén Fernández e Eva Antelo

Dirección e interpretación: Eva Comesaña

Música e interpretación: Rubén Fernández

Venda de entradas: 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en