Féliz Fernández
Para público en xeral
05/12/2025
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
55 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Danza contemporánea
"Xavier a través de min" é un proxecto de artes vivas de corte autobiográfico e non documental co que quero traer ao presente o legado inmaterial que o meu irmán Xavier Fernández me deixou en vida, e deixar ao descuberto todo o sedimento da vida do meu irmán en min.
As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas compoñen unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade case confesional, onde atopar un espazo de liberación enerxético pouco habitual.
Xavier Fernández traballou ata a morte en relación á consciencia, era psicólogo, criminólogo, investigador e psiconauta, profesor de ioga, de meditación, e tamén guía en procesos de procura interior.
A práctica artística de Félix Fernández busca ser un espello no que o público se sinta reflectido. Interésalle especialmente a posibilidade de transformación social que ten a arte e tanto o autorretrato como a autoficción son formas comunicativas das que se ten servido en numerosas ocasións, poñendo o corpo e a autobiografía ao servizo de ensaios nos que reflexionar sobre aspectos máis xerais do ser contemporáneo.
Interpretación, creación e dirección: Félix Fernández
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h