Venda de entradas desde o mércores 12 de marzo de 2025 ás 11.00 h
Para público en xeral
08/11/2025
20.30 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
Os prezos oscilan entre os 45,00 € e os 60,00 € segundo a zona
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Organizado por Cávea Producciones e patrocinado pola Xunta de Galicia
Concerto incluído dentro de Concertos do Xacobeo
Vanesa Martín regresa aos escenarios con máis forza que nunca.
Coa súa inconfundible sensibilidade e letras que tocan a alma, Vanesa presentará o seu novo traballo discográfico, unha colección de cancións inéditas que prometen namorar as súas persoas seguidoras.
A xira, que percorrerá as principais cidades de España e outras internacionais, será unha viaxe chea de emocións, música e conexión única co seu público.
VENDA DE LOCALIDADES