Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2024

A conmemoración do XV aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, data clave na axenda turística da Coruña

Vetusta Morla e Xoel López actuarán na praia de Riazor no Noroeste Estrella Galicia 2024

A alcaldesa, Inés Rey, avanzou a programación cultural da Coruña en FITUR como parte da estratexia turística para este ano

Vetusta Morla e Xoel López actuarán o vindeiro mes de agosto na praia de Riazor, formando parte do cartel da nova edición do Noroeste Estrella Galicia 2024. Así o avanzou a alcaldesa, Inés Rey, esta mañá na presentación da estratexia turística da Coruña no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR baixo o lema "A Coruña, cultura de vivir".

A rexedora resumiu a programación turística da cidade que este ano volve apostar pola cultura e o turismo MICE como grandes reclamos turísticos. "Este ano contaremos con 12 festivais e ciclos de concertos de maio a decembro, a gran maioría de música", sinalou Rey. Destacou a programación de eventos no Porto da Coruña cos festivais Morriña Fest, Coruña Sounds e Noites do Porto que traerán á cidade artistas nacionais e internacionais. 

"Este ano o Coruña Sounds suma dous novos escenarios ao Porto", adiantou a alcaldesa, en relación ás actuacións de Emilia Mernes no Coliseum o 22 de xuño e o cantautor Chris Isaak o 24 de xullo no Palacio da Ópera. Tamén recordou a exposición de Helmut Newton organizada pola Fundación MOP ata o mes de marzo. "É o mesmo porto que lle deu orixe ao noso liderado económico en Galicia o que agora consolida o cultural, atraendo a visitantes de todo o mundo", indicou.

A rexedora fixo fincapé nos 12 festivais xa confirmados para este ano nos que, ademais dos musicais, destacan os doutras artes como o desenvolvemento do CoruFest no mes de marzo ou do cómic en agosto, cunha nova edición de 'Viñetas desde o Atlántico'. "Porén, gustaríame destacar que este ano o Porto da Coruña volverá ser un dos espazos de referencia na porgramación de festivais", indicou.

XV aniversario da Torre de Hércules

Rey situou a conmemoración do XV aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como unha das datas clave na axenda turística da Coruña. "Ao branco e azul coruñés co que o ano pasado representamos a inspiración de Picasso se suman este 2024 o marrón, gris e verde da contorna natural da Torre de Hércules", sinalou.

A rexedora avanzou que coincidindo co 27 de xuño, data propia da efeméride, A Coruña acollerá un evento especial para conmemora a declaración do monumento histórico. "A Torre soprará as 15 velas cun espectáculo de luces, xunto cunha representación teatral e un concerto", explicou. Ademais, a alcaldesa reivindicou o faro romano como un dos grandes atractivos turísticos da cidade xunto coa súa contorna. "Un espectacular museo ao aire libre para gozar de obras monumentais co océano aos seus pies", sinalou.

Premios Mestre Mateo e María Casares

A alcaldesa explicou que A Coruña acollerá unha edición máis dos premios de Teatro María Casares, os mais importantes das artes escénicas en Galicia. Así mesmo, avanzou que os Premios Mestre Mateo de cinema en Galicia volverán ter lugar este 2024 en marzo.  

"Volveremos acoller a programación os Premios Mestre Mateo, en liña coa reivindicación da Coruña como cidade de cine", expuxo.

Estratexia MICE e turismo tecnolóxico

A Coruña conta a día de hoxe 20 congresos xa confirmados para este 2024 entre os que destacan o Congreso Nacional de Médicos de Familia, con 2.000 personas, o Congreso Nacional de Fertilidade con máis de 2.000 profesionais da xinecoloxía así como o Congreso Nacional de Informática, con máis de 2.500 profesionales das TIC.

Rey lembrou os datos publicados sobre o balance de asistencia de Palexco. "Máis de 87.000 persoas en 2023, unha cifra récord en canto a asistencia, e a día de hoxe contamos xa con máis de 20.000 congresistas confirmados para este 2024 co que a previsión é  optimista", sinalou.

Lembrou que no mes de marzo terá lugar o congreso Ecosystems 2030, o congreso TIC máis importante do mundo que ten a súa sede na Coruña. "Este ano será especial por contar con participantes maioritariamente femeninas", apuntou a rexedora.

Rey explicou que o turismo da Coruña avanzou tamén na súa transformación tecnolóxica coa posta en marcha da A Coruña Turismo Dixital 3D a través da cal visitantes e coruñeses poden ver reconstrucións de distintas épocas da Torre de Hércules ou do Castelo de San Antón así como explicacións históricas das Batallas de Elviña ou o ataque de Sir Francis Drake en 3D. Está dispoñible en todos os dispositivos e pode descargarse a través da web www.visitcoruna.com/appsturismo.

"Ademais, A Coruña conta coa súa propia app na que toda a información municipal está a golpe dun click", destacou a alcaldesa en referencia á APP Cidadá, onde os turistas teñen a posibilidade de planificar as súas rutas turísticas segundo o tempo de estadía e intereses. "Poden consultar rutas temáticas predefinidas ou configurar itinerarios personalizados, todo isto para facer más fácil a difícil decisión de elixir que facer na Coruña", concluíu a alcaldesa. Ambos os proxectos desenvolvéronse con fondos europeos, co 80% do importe cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

A Coruña recolle a Certificación Biosphere

Ademais Inés Rey recolleu hoxe a Certificación Biosphere que recoñece A Coruña como destino de garantía sostible. Trátase dun selo de recoñecemento internacional que aboga por un modelo de turismo responsable. A Coruña convértese así no primeiro destino en Galicia en obter o distintivo, avanzando na súa definición como referente de turismo sostible. Súmase a outras cidades españolas como Xixón, Barcelona e Málaga. O selo foi entregado por Patricio Azcárate, secretario general do Instituto de Turismo Responsable.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión