Será o xoves 5 de xuño, ás 17.30 horas, no Aquarium Finisterrae, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
Para público en xeral
05/06/2025
Xa rematou
De 17.30 a 18.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
50
Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que corresponda a cada persoa
O Aquarium Finisterrae organiza unha visita guiada temática polas súas instalacións para o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.
Co título «Sinais de alarma», esta actividade propoñerá un itinerario pola Sala Maremagnum, onde se presentará e comentará un variado conxunto de procesos e transformacións ambientais que se están producindo no noso planeta, especialmente en relación coas contornas mariñas. Abordaranse cuestións como a acidificación das augas, a contaminación mariña, as especies invasoras, a sobrexplotación dos recursos naturais ou a ruptura dos equilibrios ambientais.
A actividade comezará ás 17.30 h do xoves 5 de xuño e para participar hai que acudir ao Aquarium Finisterrae, pagar a entrada ao museo que corresponda a cada persoa e sumarse ao evento. A visita guiada está limitada a 50 prazas e terá unha duración dunha hora.