Concello da Coruña

Concello da Coruña

XVI Festival Terra de Maxia

O sábado 10 de xaneiro, ás 17.00 e ás 19.00 h, celebraremos a edición XVI do Festival Terra de Maxia

A quen vai dirixido?:

Público familiar

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

10/01/2026

Horario:

17.00 h e 19.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

8,00 €

6,00 € para Carné Xove, familia numerosa, maiores 65 anos e persoas desempregadas

*O desconto aplicarase logo da previa presentación do documento que acredite o desconto.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Fundación Tierra de Hombres

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

O sábado 10 de xaneiro, ás 17.00 e ás 19.00 h, celebraremos a edición XVI da Gala de Maxia solidaria "Terra de Maxia" no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña e na que participarán grandes magos que se unen un ano máis e poñen a súa maxia a beneficio da Fundación Tierra de Hombres en Galicia.

Será unha tarde de sábado para gozar en familia dun grande espectáculo de maxia solidaria para pequenos/as e persoas adultas.

Contaremos coa presenza dos seguintes magos: Román García, Kiko Pastur, Mago Rebo, Mago Rufus e Víctor Noir

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión