Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casa Museo Casares Quiroga

Instalación museográfica para promover iniciativas en recordo de Santiago Casares Quiroga e o republicanismo coruñés e galego.

Casa Museo Casares Quiroga

Enderezo:

Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Teléfono:

(+34) 981 189 856

Horario:

  • De martes a sábado de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas
  • Domingo, luns e festivos, pechado.
  • visitas guiadas primeiros xoves de cada mes ás 19 horas. Aforamento: 25 prazas. Inscricións: entrada libre ata completar aforamento.

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta

Esta Casa Museo foi o fogar familiar de Santiago Casares Quiroga, político republicano, avogado e ministro da Mariña, Gobernación e Guerra, que chegou a ser presidente do Goberno da II República.

Tamén foi o lugar onde naceu a súa filla María Casares en 1922, brillante actriz de teatro e cinema que triunfou como exiliada en Francia. Esta artista, expresiva, intelixente, conversadora, atractiva e dunha gran mestría interpretativa recibiu en Francia os premios Moliére e Nacional de Teatro.

A casa, inaugurada o 14 de abril de 2007, dispón de tres exposicións permanentes: María Casares e Casares Quiroga, a II República e familia de Casares Quiroga.

Este museo pretende recrear o que foi o fogar (comedor, cociña, biblioteca, cuarto de baño...) e tamén intenta explicar a historia do republicanismo coruñés e da familia Casares mediante pezas orixinais e reproducións fotográficas e documentais.

Documentos relacionados

  • null
  • null
  • null
  • Documentos relacionados

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión