
Proxeccións.
Investigacións.
Intercambios con asociacións.
Escavacións.
Organizan cursos e conferencias.
O museo aséntase nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi utilizado como lazareto para illar aos mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. O museo como tal inaugurouse en 1968. Considérase Monumento histórico-artístico desde 1949 e desde 1994 Ben de Interese Cultural.
O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castrexa, romanización e distintos aspectos da cidade. Parte destes obxectos proceden do Castro de Elviña .