Única sala en Galicia dedicada ao teatro para nenos/as
Teatro del Andamio é fundado no ano 2001 por Álvaro guevara e Tatiana Likhacheva, profesionais do mundo do teatro.
Dende un comezo o obxectivo foi moi claro: ter unha Escola de Formación de Actores onde a mocidade da Coruña puidese estudar Arte Dramática; unha Sala Alternativa na que o alumnado puidese iniciarse no mundo profesional; e unha Compañía profesional que permita mostrar os espectáculos en Galicia e España.