
Bonos e onde conseguilos
Hai dous bonos de desconto para visitar os Museos Científicos Coruñeses.
1. BONO TRES CASAS | "Paga dúas e leva tres"
Unha visita a cada museo, na data que ti elixas. Se vas visitar o Aquarium Finisterrae e outro centro, saca este bono e polo mesmo prezo poderás visitar as salas de exposicións dos tres Museos Científicos Coruñeses.
2. TARXETA 20 | Tarifa plana
Dá acceso ás salas de exposicións dos Museos Científicos Coruñeses cantas veces queiras durante un ano. Os titulares da Tarxeta 20 tamén teñen prezo reducido nas sesións de cinema 3D e planetario dixital.
Á venda na recepción dos tres museos: