Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión
A Coruña das Letras

"Historias ocultas da música popular: tras das pegadas de Manuel Cajaraville e as Pandeireteiras de Mens", andaina guiada A Coruña das Letras, con Xurxo Souto

Andaina guiada por un barrio da cidade coas letras como protagonistas

¿A quién va dirigido?:

Maiores de 16 anos

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

14/06/2025

Inscripciones:

Desde el 09/06/2025 hasta el 13/06/2025

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55).

Horario:

11.30 horas 

Duración:

1.30 h aprox.

Dirección:

A Coruña

Número de plazas:

55

Precio:

De balde e con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Normalización Lingüística do Concello da Coruña

 A Coruña das Letras é a actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro do programa de fomento da lingua galega entre a poboación en xeral.

Co fin de traballarmos a lingua, a cultura e a literatura galegas na nosa cidade, e achegándonos a distintos barrios, realizamos unhas andainas guiadas pola Coruña máis invisible da man do coñecido músico e escritor Xurxo Souto (sobre todo pola súa etapa no mítico grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto). 

Nas tres datas desta primavera aprenderemos máis da toponimia tradicional da cidade, dos lugares máis descoñecidos ou invisibles da cidade relacionados coas cantareiras ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas. Internarémonos na historia da cidade, na literatura e tamén se falará da importancia da lingua nas letras do cancioneiro popular. 

A terceira das andainas será o sábado 14 de xuño, ás 11.30 h (inscrición dende o luns 9 ata o venres 13) "Historias ocultas da música popular: tras das pegadas de Manuel Cajaraville e as Pandeireteiras de Mens". Nesta andaina, entre outras informacións, camiñaremos pola zona onde se apañaron moitas das melodías das foliadas, onde se orixinaron Os Diplomáticos, os cantos de Entroido etc. 

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o luns anterior a cada unha das andainas, ata que se esgoten as prazas (55). Precísase que se faciliten o nome e os apelidos e un teléfono de contacto.

- A duración é de, aproximadamente, unha hora e media. O lugar de saída para comezar a andaina comunicarase no correo de confirmación da inscrición.

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en