Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Cuándo:

21 de julio de 2023

A Feira das Marabillas comeza hoxe con cinco días cheos de ocio na Cidade Vella

A festa medieval contará con actividades para todas as idades, produtos artesáns, gastronomía e espectáculos na rúa

A XXVII edición da Feira das Marabillas botou a andar esta mañá coa apertura dos postos e o inicio das actividades. O evento ten orixe na Feira Franca do século XVI e retomouse no 1993 como feira de ambientación medieval. A Cidade Vella recreará A Coruña da Idade Media, con cinco días de actividades gratuítas para todos os públicos. 

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu os actos de apertura da Feira das Marabillas, acompañada polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, a concelleira de Turismo, Comercio e Hostalaría, Diana Cabanas, e o presidente de ACECA (Asociación de Comerciantes da Cidade Vella), Adolfo López. "Esta feira permitirá a coruñeses e visitantes coñecer a orixe da Coruña, a Cidade Vella, podendo percorrer as súas rúas e descubrir os puntos de interese cos que conta" sinalou a rexedora.

A Feira das Marabillas leva programándose case tres décadas de forma ininterrompida, coa única excepción dos anos 2020 e 2021 por mor da Covid-19. "É unha ledicia comprobar en que bo estado de forma está esta feira que se remonta a 1502, cun amplo programa de actividades tanto en distintos lugares do barrio como na praza de María Pita" explicou a alcaldesa.

Tras o inicio da Feira na praza da Azcárraga tivo lugar a apertura do Recuncho das Pícaras, o espazo infantil situado na praza de María Pita, co acto 'Mimir, o libro máxico dos contos', destinado a nenos e nenas.

Entre hoxe, venres 21, e o martes 25 de xullo levaranse a cabo actividades culturais entre os muros da Cidade Vella. Actuacións musicais, recreacións históricas e espectáculos teatrais e de acrobacias encherán as prazas e rúas do casco histórico no desenvolvemento da Feira das Marabillas.

Ampliación do servizo de autobuses

Entre este venres 21 e o 25 de xullo, ambos inclusive, reforzarase o servizo de Transporte Urbano con motivo da celebración da Feira das Marabillas. A liña 1 prolongará o servizo realizando a última saída do hospital Abente y Lago ás 23:45 horas. A partir das 00:05 horas comezará a funcionar o servizo nocturno, que sairá durante os días de Feira de Porta Real, realizando dous itinerarios en sentido inverso o un do outro. Desta forma:

  • Ás 00:05 horas sairá o primeiro bus nocturno realizando o seguinte itinerario:  Porta Real - Parrote - Maestranza - Orillamar - Santo Tomás - Avda. de Hércules - Paseo Marítimo - Praza de Pontevedra - Praza de Ourense - Linares Rivas - Primo de Rivera - Catro Camiños - Avda. de Oza - Os Castros - O Castrillón - Monelos - Salvador de Madariaga - Camilo José Cela - Eirís - Av. de Pedralonga - Palavea - Alfonso Molina Matogrande - San Cristóbal - Birloque - Pablo Picasso - Estación de Trens - Rolda de Outeiro - Avda. Gran Canaria - Riazor - Praza de Pontevedra - Porta Real.

  • Ás 00:30 horas iniciará servizo o segundo bus nocturno co seguinte itinerario: Porta Real - Parrote - Maestranza - Orillamar - Santo Tomás - Avda. de Hércules - Paseo Marítimo - Riazor - Labañou - Rolda de Outeiro - Estación de Ferrocarril - General Rubín - Pablo Picasso - Birloque - Estrada Pocomaco - Mesoiro, 22 - Illas Sisargas - Novo Mesoiro - Estrada Pocomaco - Birloque - San Cristóbal - Camilo José Cela - Vicente Aleixandre - Antonio Noche - O Castrillón - Os Castros - Avda. de Oza - Catro Camiños - Praza de Ourense - Porta Real.

A frecuencia do servizo nocturno será de 30 minutos, e as últimas saídas serán ás 4:30 horas e ás 05:00 horas, con saída ás horas en sentido Praza de Ourense - Catro Camiños - Os Castros - O Castrillón - Monelos - Eirís - Palavea - Birloque - Estación de Trens - Rolda de Outeiro, e ás horas e media no sentido Riazor - Labañou - Rolda de Outeiro - Estación de Trens - Birloque - Mesoiro - O Castrillón - Os Castros - Catro Camiños.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en