Concello da Coruña

Concello da Coruña

CONFIGURACIÓNS do artista Peter Kramer

O artista emprega materiais cargados de memoria e significado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/03/2026 ata o 10/05/2026

Horario:

Luns a domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña

Contacto:

Palacio Municipal de María Pita

Praza de María Pita 1

15001 A Coruña

Tfno: 981 189 898 / 981 184 200

Documentos:

Catálogo da exposición (1 MB)

Peter Kramer (Roskilde, Dinamarca, 1959) é un artista visual cunha traxectoria consolidada a nivel internacional, e unha práctica desenvolvida ao longo de máis de tres décadas. a súa obra céntrase na investigación do tempo, da repetición e da relación entre corpo e materia, mediante procesos manuais prolongados e unha marcada atención á factura artesanal. Tras unha etapa de formación e traballo en distintos países de Europa, Asia e Australia, establece a súa residencia en Galicia no ano 2000, mantendo desde entón un vínculo estreito e continuado con Coruña, territorio que inflúe de maneira decisiva na súa produción artística.

A exposición CONFIGURACIÓNS reúne un conxunto de obras realizadas entre 2001 e 2025, nas que o artista emprega materiais cargados de memoria e significado, configurando superficies que condensan tempo, proceso e experiencia.

Programa completo da exposición picando na seguinte ligazón

Catálogo CONFIGURACIÓNS

Documentos relacionados

  • Catálogo CONFIGURACIÓNS (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión