Encontros deseñados para que as familias podan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.
Para familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Infantil, Familias
11/12/2025
Desde el 04/12/2025 hasta el 11/12/2025
de 18.30 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Plaza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
12
Tel.: 981 184 389
Encontro para familias con bebés e crianzas de 0 a 6 anos que desexen reflexionar sobre os retos de conciliar a crianza co traballo. Acompañadas pola mirada respectuosa de Eva González, experta en crianza e lactación, abordaremos os desafíos cotiás da crianza desde unha perspectiva rigorosa e ao tempo transgresora, cuestionando os modelos establecidos e poñendo o foco nas emocións habitualmente silenciadas.
Por que asistir?
- Para comprender mellor as tensións entre crianza e vida laboral sen culpabilidade.
- Para visibilizar e lexitimar as emocións que xorden na crianza.
- Para explorar estratexias conxuntas que favorezan unha crianza máis tranquila e consciente.
Agardámosvos!