Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Festival Talento da Coruña. Microteatro e improvisación

Festival de humor e teatro no Ágora.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

29/03/2026

Horario:

19:30 h. Pídese puntualidade. 

Duración:

75 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Unha tarde chea de comedia, microteatro e música en directo dentro do programa "Agra no Ágora".

 As aparencias engañan

Sketch cómico formado por dúas pezas relacionadas entre si: "Queimando prexuízos" e "Choiazo no mercado".

Queimando prexuízos Carme e Xabier atópanse nunha parada de autobús. A conversa comeza cando Carme lle pide un chisqueiro, o que provoca unha confusión en Xabier. Será que Carme só se fixa nas aparencias?

Choiazo no mercado Carme e Xabier volven atoparse, desta vez durante a visita a un piso que Xabier quere alugar. Será o piso dos seus soños?

Dirección: Javi TinkElenco: Javi Tink, Lexi Fraga e Pedro FernándezEscenografía: Juan Arias e Javi Tink

Laura Prego presenta un monólogo cómico cheo de humor, contradicións e verdades involuntarias.

A través da súa ollada afiada sobre a vida cotiá, medias verdades e conclusións dubidosas, o público decatarase de que ás veces a lóxica tamén ten días libres.Un espectáculo no que o humor nace do real, da ironía e dunha cantidade preocupante de entusiasmo.

Elenco e dirección: Laura Prego

55 metros cadrados

Peza de microteatro.

Iria, Uxío e Roi conviven nun caótico piso de 55 metros cadrados, onde o absurdo e o desastre diario son o pan de cada día.

Dirección: Javi TinkElenco: Lexi Fraga, Javi Tink e Pedro FernándezEscenografía: Javi Tink

Cuarteto de música tradicional e celta que fusiona raíces galegas e sons ancestrais do Atlántico.

A través de diferentes instrumentos, o grupo ofrece unha viaxe sonora chea de emoción, recuperando melodías populares e reinterpretándoas cun espírito contemporáneo e festivo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión