Está composta por manuscritos orixinais, fotografías inéditas e arquivos sonoros da preparación e do recital de 1989, que agora se pode revisitar grazas aos arquivos do guitarrista flamenco.
Para público en general
Desde el 05/11/2025 hasta el 10/01/2026
Casa Museo Casares Quiroga. Calle Panaderas 12. 15001 A Coruña
Nesta mostra recréase o recital realizado en Collioure e a súa preparación, cunha convivencia previa de varios días entre Casares e Soler, na casa que a actriz tiña en La Vergne, actualmente La Maison María Casarès. Todo o acontecido naqueles días volve á actualidade grazas aos documentos recuperados e aos arquivos que conservaba o propio Pedro Soler.
A xornada que agora se revisa foi a da unión dunha actriz transcendental para a historia do século XX e a arte dun guitarrista flamenco recoñecido internacionalmente: Pedro Soler.