Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
A imaxe mostra un gravado ou ilustración histórica do Lazareto de Oza, na Coruña. Trátase dunha vista panorámica dun complexo sanitario situado xunto ao mar, rodeado por altos muros de peche.  No primeiro plano obsérvanse varios edificios rectangulares con tellados a dúas augas, encerrados dentro dun recinto amurallado. No fondo pode verse outro conxunto de edificacións situado nun pequeno promontorio costeiro. A paisaxe aparece practicamente despoboada, con terreos abertos e ondulados arredor das instalacións.

Imaxe cedida por Carlos González Guitián

Ando na Coruña: O Lazareto e o Sanatorio de Oza

Nesta ocasión, dentro do programa Ando na Coruña, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais propón un percorrido polo que foi o Lazareto e o Sanatorio de Oza, da man de Carlos González Guitián, investigador con diversos traballos publicados e antigo bibliotecario do Servizo Galego de Saúde.

A quién va dirigido:

Personas adultas

Cuándo:

Los días 30/09/2026 a las 18:00 , 14/10/2026 a las 18:00 , 21/10/2026 a las 17:00

Inscripciones:

Desde el 23/09/2026 hasta el 29/09/2026

REQUISITOS

Inscrición previa

As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera. 

Horario:

Programa:

1ª sesión: Contextualización da creación destas institucións (30 de setembro ás 18h.)

2ª sesión: Desenvolvemento e traxectoria do Lazareto e do Sanatorio de Oza (14 de outubro ás 18h.)

3ª sesión: Proxección no CGAI dun corto documental sobre o Sanatorio e Lazareto de Oza, ao que se añadirán fotos e comentarios aportados por Carlos González Guitián (21 de outubro ás 17h.)

Dirección:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Calle Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de plazas:

20

Hashtag:

#LazaretoDeOza #ACoruña #HistoriaDaCoruña #AndoNaCoruña #Oza #BibliotecaDeEstudosLocais #BibliotecasMunicipais #DivulgaciónHistórica #MemoriaLocal

A primeira e segunda das sesións celebraránse na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, e nelas contextualizarase e presentarase o desenvolvemento e traxectoria destas dúas institucións. (2 horas)

A terceira sesión levará aos participantes á sala de porxeccións do CGAI, onde poderán ver un documental e diversas imaxes sobre o tema en cuestión e que serán comentadas polo especialista. (1 hora)

Carlos González Guitián é doutor en Historia pola Universidade de Valencia e licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ao longo da súa carreira profesional compaxinou a docencia como profesor asociado da Universidade da Coruña coa xestión de sistemas de información sanitaria, destacando o seu labor como xefe de servizo da Biblioteca do CHUAC e coordinador de Bibliosaúde, a Biblioteca Virtual de Ciencias da Saúde do Sergas. Así mesmo, foi cofundador e impulsor do portal sanitario Fisterra.com.

Como investigador, é autor dunha ampla produción científica centrada na documentación científica e na historia da medicina. Entre os seus traballos destaca a obra sobre a Real Expedición Filantrópica da Vacina, da que é coautor xunto con Fausto Galdo, así como diversos estudos sobre as institucións sanitarias da Coruña, entre elas o Lazareto de Oza e o Sanatorio Marítimo de Oza.

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión