Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Las noches de Ortega"

"Las noches de Ortega" é un show en directo cunha mecánica ligada ao particular universo de Juan Carlos Ortega e ao humor que o caracteriza.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/09/2023

Inicio de vendas: martes 4 de xullo ás 12.00 h 

Xa rematou

Horario:

20.00 h 

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Anticipada: 20,00 €. Venda o día do concerto: 22,00 € 

Descontos:

Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: anticipada: 16,00 €. Día do evento: 17,60 €

Familias numerosas: anticipada 15,00 €. Día do evento: 16,50 €

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Etiqueta Negra Producciones SL

Incluirá as súas peculiares chamadas, proxección de vídeos e personaxes tan recoñecidos como Marco Antonio Aguirre, entre outros.

Juan Carlos Ortega é un humorista, escritor e presentador de radio e televisión. É autor dos libros «Buenos días, Sócrates», «Morirse es una mierda», «Cuentos para Ulises» e «Miguel Gila, vida y obra de un genio». Na actualidade escribiu dous libros, un para a editorial Planeta e outro para Libros del Silencio.

Foi o presentador do programa de televisión La Mitad Invisible, en La 2 de TVE, un espazo de divulgación cultural. É presentador do programa «Las noches de Ortega» dende hai 8 anos e presentador de «Transmite La Ser» dende hai dúas temporadas. En 2016 concedéuselle o Premio Ondas pola súa traxectoria profesional.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión