El Acorde Secreto en concerto
Para público en xeral
12/07/2025
21.30 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
Requisitos de acceso ao Castelo:
- Non está permitido entrar con comida nin bebida (excepto auga).
- Non está permitido fumar en todo o recinto.
- Non está permitido acceder con mascotas, salvo cans guía.
- Apaguen os móbiles antes de que empece o concerto.
- Débese respectar o espazo histórico protexido e os restos arqueolóxicos expostos.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
El Acorde Secreto é un coro multixeracional da Coruña que reinterpreta clásicos de hoxe e de sempre nun formato coral alegre e ameno, coa vocación de conectar con público de todas as idades e unha gran variedade de gustos musicais.
Nesta ocasión o público poderá gozar de conocidísimos temas de Queen, ABBA ou David Bowie, entre moitos outros.
E todos estes temas interpretados en versións para coro, moitas deles de creación por parte do seu director, Daniel G. Artés, o que fai que sexa un concerto dirixido tanto ao público xa amante da música coral como ao non habitual destas agrupacións.
Ven gozar connosco da boa música nunha noite especial e unha localización aínda máis especial!