Obradoiro literario de poesía escénica: Luís Kaff e Marcos Blanco-Rilin realizarán unha actividade didáctica de iniciación no mundo da poesía escénica. A continuación haberá un recital poético con acompañamento musical.
+14 anos
Persoas adultas, Xuvenil
25/01/2023
Xa rematou
Dende o 18/01/2023 ata o 25/01/2023
O obradoiro require inscrición previa.
De 18 a 20h: obradoiro
De 20 a 21h: recital poético
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
15
##LuísKaf #MarcosBlanco-Rilin #acciónpoética #Slampoetry #Combatepoético
981184386
A través de exercicios grupais e prácticos, as persoas participantes recibirán e traballarán neste obradoiro un conxunto de técnicas xestuais e vocais para a posta en escena dos seus textos, así como para soltar a creatividade, a procura de ideas para a escritura e unha aprendizaxe e fortalecemento da capacidade de improvisación escénica.
A interpretación e posta en escena dos versos, baixo o paraugas da poesía escénica ou poesía performativa, é a forma renovada no século XXI da antiga esencia dos xograres, devolvendo a proximidade das letras para transmitirllas de maneira directa á comunidade. Tanto na súa forma lúdica, con recitais/jam sessions, como na súa forma competitiva denominada Salm Poetry, da que temos exemplos nas catro edicións do Combate Poético da Coruña (2017-2020) ou no I Festival de Poesía Nova de Santiago de Compostela que acolleu a final estatal do Slam Poetry España 2022 este outubro.