Uno dos mellores tributos do mundo a The Beatles, Abbey Road.
Para público en xeral
24/10/2025
20.30 h
Platea: 38,00 €
Palco central: 35,00 €
Palco lateral: 32,00 €
Principal: 29,00 €
1ª fila de principal, visibilidade reducida: 26,00 €
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Producións Coruñesas, SL
Sobre o escenario Abbey Road conseguen unha incrible fidelidade ás voces e son orixinais, e son capaces de recrear toda a música da discografía dos de Liverpool.
Os seus concertos tamén destacan polos diferentes cambios de vestiario feito a imaxe dos orixinais de acordo coa época. Incluso os instrumentos utilizados son os mesmos que utilizaban John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr.
Os seus concertos son unha fascinante viaxe ao pasado e rememoran a música dunha banda que revolucionou os fundamentos da música moderna. Nos seus espectáculos podemos escoitar non só os grandes éxitos que deron fama ao grupo británico durante a primeira metade dos anos 60, senón tamén revivir aqueles himnos que os Beatles gravaron ata o 1970 e que nunca chegaron a tocar en directo.
Cancións como Love Me Do, She Loves You, I Want To Hold Your Hand, Help!, Yesterday, Penny Lane, Hey Jude, Let It Be e moitas outras forman parte dun espectáculo para todas as idades, onde o público pode cantar e bailar unhas cancións que xa son universais e que forman parte do imaxinario musical de todo amante da música.
Pecha os ollos e sente os Beatles. Ábreos e revive aos Beatles!
Abbey Road fórmano:
Adrián Ghiardo (Paul McCartney): guitarras, baixo, voces e teclados.
Jordi Expósito (John Lennon): guitarras, voces e teclados.
Ferran Corbalán (George Harrison): guitarras, baixo, voces e teclados.
Carlos Moreno (Ringo Star): batería e voces.
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades