Actividades de Nadal 2025. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña
Infancia, Para público en xeral
Dende o 20/12/2025 ata o 04/01/2026
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Todas as actividades son gratuítas con previa inscrición nas ligazóns indicadas en cada unha delas.
Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña
981 189 850
museo.arqueoloxico@coruna.gal
Todas as actividades son gratuítas e con inscrición previa.
A inscrición será a través das ligazóns indicadas en cada unha das actividades.
As visitas guiadas a través do teléfono: 981 189 850
Apertura prazo de inscrición: mércores 10 de decembro ás 10.00 h.
1. Visitas guiadas:
1.1 Visitas ao Museo Arqueolóxico do Castelo de S. Antón.
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.
Días: 20 e 27 de decembro ás 12.00 h
Duración aprox.: 1 h e 30 min
Público: adulto
Prazas: 25
Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado de 10 a 19.00 h)
1.2. Visitas ao Castro de Elviña
Días: 21, 28 de decembro e 4 de xaneiro ás 12.00 h
Duración aprox.: 1 h 30 min
Público: adulto
Prazas: 25
Reserva non teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado de 10.00 a 19.00 h)
2. Obradoiro infantil:
EX-LIBRIS: PEGADAS MÁXICAS NOS LIBROS
A través dunha actividade lúdica e creativa, mergullarémonos no marabilloso mundo dos ex-libris.
Descubrirémolo todo sobre lestes pequenos selos e a súa importante función.
Ademais teremos tempo de imaxinar e crear nosa propia estampa combinando letras, símbolos e debuxos que levaremos a casa.
Día: 20 de decembro ás 11.45 h
Duración aprox.: 1 h 30 min
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/exlibris25/