Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Esfínter 3

Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor. Tras o éxito dos dous anos anteriores co 100% de entradas vendidas, este Nadal volve "ESFÍNTER 3, NOVO SHOW"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/12/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco. Avda. Porto da Coruña 1. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 18,00 €

Tribuna: 16,00 €

Anfiteatro: 14,00 €

(Desconto do 20% para o Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas)

(Desconto do 25% para familia numerosa)

**O desconto aplicarase logo da previa presentación do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Etiqueta Negra

Hai 3 eventos que marcan claramente a chegada do Nadal. O "All I want for Christmas is you", de Mariah Carey, o acendido das luces do Nadal e Esfínter... pero só un destes momentos che vai facer rir a romper, e ese é Esfínter, (a non ser que sexas de Vigo, claro...)

Un ano máis, chega esta maridaxe tan especial de Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor. Tan distintos e ao mesmo tempo tan compatibles, como o melón con xamón, a pizza con piña ou a Nocilla con chourizo... sempre atoparás a xente que che fale disto con paixón.

E do mesmo xeito que nos 70 os artistas estranxeiros anunciaban novos LPs coa nota de "canta en español", chega o novo espectáculo "Esfínt3r, un espectáculo para pechar o ano". Un show 100% de algodón, máis dun 20% de zume natural, e sobre todo, máis risas que nunca!!!

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da pza. de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en