Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Proxección documental e conversa: Un hombre libre. Descubrir a Agustín Gómez‑Arcos

O proximo venres 20 de febreiro ás 19.30 h na Casa Museo Casares Quiroga, as Bibliotecas Municipais da Coruña, en colaboración coa Asociación Cultural AIS, presentamos a proxección do documental "Un hombre libre", dirixido por Laura Hojman.

A quién va dirigido:

Personas adultas

Cuándo:

20/02/2026

Inscripciones:

Require inscrición

Horario:

19.30h

Dirección:

Casa Museo Casares Quiroga. Calle Panaderas 12. 15001 A Coruña

O ciclo NEXOS, no que se enmarca este acto, quere crear pontes entre cinema, literatura e memoria, propoñendo espazos de encontro para descubrir voces e relatos que conectan o pasado e o presente a través da lectura e o diálogo.

"Un hombre libre" recupera a figura de Agustín Gómez‑Arcos, escritor español nado en Enix (Almería) cuxa obra foi censurada na España franquista, o que o levou a exiliarse primeiro en Londres e logo en París, onde continuou a súa carreira literaria escribindo en francés e alcanzando amplo recoñecemento internacional.

Tras a proxección, contaremos cun conversatorio coas persoas protagonistas da sesión: a directora Laura Hojman e Rafael Calvo, cineasta e membro do Club de Lectura QUEERuña das Bibliotecas Municipais, para abordar temas como cine, memoria, exilio, literatura e diversidade afectivo‑sexual a partir do documental e da obra de Gómez‑Arcos.

En colaboración co Centro Andaluz de las Letras, as Bibliotecas Municipais acolleremos proximamente unha mostra de carteis sobre a vida e obra de Agustín Gómez‑Arcos, contribuíndo a contextualizar e ampliar o interese pola súa lectura e comprensión.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión