Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxecto Polaroid. Na intersección da arte e a tecnoloxía

A Coruña volve ser cidade referente da cultura e acolle unha nova exposición en primicia para España. Neste caso, a Fundación Barrié presenta a exposición Proxecto Polaroid: Na intersección da arte e a tecnoloxía.

Os visitantes á mostra (de libre acceso) poderán admirar 300 pezas entre as que se conta material gráfico elaborado con toda a gama de papel e películas Polaroid e coas que se abarca unha produción artística que vai desde a década de 1940 ata os nosos días.

En canto aos artistas que a protagonizan atoparemos nomes clave da historia da arte contemporáneo: Ansel Adams, André Kertész, Sandi Fellman, Peter Beard, Dennis Hopper, George Silk, Richard Hamilton, Bill Eppridge, Shelby Le Adams, Fazal Sheikh, Chuck Close, Philippe Halsman, Guy Bourdin, William Wegman, Edward Steichen, Andy Warhol ou Robert Mapplethorpe.

Está comisariada por William Ewing; Barbara Hitchcock; Deborah G. Douglas; Rebekka Reuter e Gary Van Zante da Foundation for the Exhibition of Photography e o MIT Museum e poderase visitar ata o 9 de xullo no edificio da Fundación Barrié no Cantón Grande da Coruña.

A mostra pódese visitar de luns a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Máis información en fundacionbarrie.org .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión