"Ninja" é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.
Familias, Infancia, Para público en xeral
02/12/2023
Xa rematou
18.00 h
50 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 €
* (abono 3: 3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
(menores de 3 anos: 2,00 €)
**O abono só se vende no despacho de billetes.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forummetropolitano@coruna.gal
Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser ninja! Adestra todos os días para pasar inadvertida e observar os demais como unha auténtica ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser ninjas, senón para que outros nenos e nenas non abusen deles. Con axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visibles e cambien as tornas na escola.
Con: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho
Autoría e dirección: Pepablo Patinho
Escenografía, deseño de son e de iluminación e vestiario: Ghazafelhos
Música: Bellón Maceiras
Teatro en galego
Público: a partir de 5 anos
VENDA DE ENTRADAS: