Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

TRC danza: Norma

Antonio Ruz

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/11/2025

Horario:

20.30 h

*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala

Prégase puntualidade.

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

12'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)

*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.

Danza moderna e contemporánea

Como nos vemos a nós mesmos? Que nos fai sentir normais ante os demais? A caso non somos todos seres únicos, irrepetibles e excepcionais? Co uso de ferramentas escénicas como a coreografía onde a unidade se fai multiplicidade, a voz falada ou cantada, unha paisaxe sonora entre o analóxico e o dixital, unha escenografía exhibicionista, unha dramaturxia viva, un vestiario mutante e unha atmosfera entre o onírico e o sublime, NORMA xera unha poética visual en constante fluxo e oscilación na que o contraste denota á vez forza e sutileza. Un ritual escénico de cinco corpos diversos articulados ao redor da oposición xerada entre o normativo e o distinto, o cotián e o raro, o corrente e o inesperado, o belo e o feo. Unha fantasía distópica de resistencia ao normal desde a cor, a luz, a pel, a ironía e o surrealismo. Unha alegación en prol da individualidade, o exótico, o fóra de lugar. A festa do rara avis.

Con Begoña Quiñones, Chelís Quinzá, Carlos Carvento, Alicia Narejos e Manuel Martín

Dirección e coreografía: Antonio Ruz

Dramaturxia Rosabel Huguet

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

Venda en liña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en