
A cidade será o mellor lugar de Europa para observar a eclipse total solar o próximo de 12 de agosto.
Ademais de co alcume de 'Cidade de Cristal', este ano A Coruña será coñecida como Cidade Eclipse ao ser un dos mellores lugares de Europa para desfrutar, o próximo 12 de agosto, dunha eclipse solar total.
A última eclipse deste tipo que puido verse desde a cidade foi en 1912 e, este ano, A Coruña atópase de novo na franxa de totalidade deste evento astronómico. O seguinte prevese no 2180, motivo polo que xa son milleiros as persoas que reservaron esta data para achegarse á cidade herculina e vivir un feito histórico.
En paralelo desenvolveranse na Coruña dous importantes congresos astronómicos durante esa semana: o Third Soar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology.
Os mellores puntos para ver a eclipse
Desde o Concello organizaranse exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación con motivo desta xornada.
Unha desas actuacións foi o desenvolvemento de dous visores interactivos de uso público que permiten comprobar as zonas de sombra e mesmo o punto exacto no que se situará o sol o 12 de agosto no momento da eclipse.
Consulta aquí o mapa de sombras.
Consulta aquí o visor de puntos de observación.


Arde A Coruña polo San Xoán, festa declarada de Interese Turístico Internacional desde o ano 2015. E non só se queiman anacos de madeira vella ou obxectos que xa non se usan, senón tamén malos recordos ou a mala sorte.
E é que San Xoán é unha celebración centrada en afastarnos dos malos espíritos e de todo aquilo que nos fai dano. Pero nós non queremos que te afastes, queremos que te unas á nosa festa máis simbólica.
A tamén coñecida como 'noite máis máxica do ano' ten lugar do 23 ao 24 de xuño e é tradición xuntarse con amigos ou familiares en praias, barrios ou parques para dar a benvida (de forma máis casual) ao estío.
Así, entre sardiñas, churrasco, pan de broa e, por suposto, moita música, os coruñeses e coruñesas brindamos por un verán cheo de alegrías.
Se é o teu primeiro San Xoán na Coruña, non perdas estes 10 consellos para gozalo ao máximo (e sobrevivir).
1. Esquécete do coche
A Coruña é unha cidade práctica e accesible, polo que durante as festas o mellor é acercarse a un punto de encontro en transporte público ou andando. Ten en conta que haberá cortes en varias rúas e así evitarás atascos (e perder a paciencia).
2. Achégate a Riazor-Orzán pola tarde
Antes de que os areais se enchan de milleiros de persoas e fogueiras, recomendámoste que vexas como grupos de mozos fan unha fila para recoller leña que ofrece o Concello de forma gratuíta para construír unha lumarada. Anímaste a facer a túa?
3. Elixe un barrio
San Xoán é moi de praia. E tamén moi de barrio. En moitos deles as asociacións veciñais e locais de hostalería únense para facer a súa propia festa. Todo o mundo é benvido, así que non teñas vergoña e xúntate ao que máis chame a túa atención (ou o que che quede máis preto).
4. Cea rico
A praia dá fame, pero máis o dá saber que estarás toda a noite bailando co estómago baleiro. Nas prazas ou rúas máis concorridas da cidade hai establecementos que ofrecen menús especialmente deseñados para este día como sardiñas asadas con pan de broa ou churrasco.
5. Asiste á queima da falla
Xa co estómago cheo convidámoste a que te achegues de novo ás praias de Riazor, Orzán ou Matadoiro para deixarte levar pola maxia e ver en directo a queima da falla e os posteriores fogos artificiais.

6. Salta unha fogueira
Se é a túa primeira vez, mellor empeza por unha pequena. Dá igual o lugar (un areal, unha beirarrúa ou unha leira), o importante é saltar con vigor e facelo un mínimo de tres veces para espantar a mala sorte. Por certo, o máis común é saltar a fogueira despois da queima de fállaa, pois é cando adoitan acenderse.
7. Goza dun concerto en directo
A música en directo e ao aire libre estará presente en moitos lugares da cidade desde primeira hora da tarde. Ademais, ese día continuará a programación musical de Noites do Porto con Caamaño&Ameixeiras (22.00h) e Xoel López (00.00h). Ambos terán lugar no Peirao de Batería.
8. Pérdeche na noite
A noite coruñesa dá para moitas anécdotas. Se es de salas de concertos ou discotecas, esta é a túa cidade. Rock ou pop, música urbana ou electrónica... Ti elixes como acabar a noite.
9. Saúda ao sol
E se es desas persoas que cando saen sempre 'van con todo', un bo plan é aguantar ata o amencer e irche a casa coas rúas postas.
10. Antes de deitarche, lávache a cara
Unha dos costumes máis populares en Galicia polo San Juan. Tras deixar remojo as coñecidas como 7 herbas de San Juan durante toda a noite, a tradición marca lavarse a cara ao día seguinte con esa auga para purificarse. As herbas podes colleitalas ou compralas nalgunha florería da cidade o día antes.
¡Vémonos na Coruña!


Non perdas a programación musical da cidade.
A Coruña é, desde fai un par de anos, o faro cultural de Galicia. Así o acreditan as numerosas programacións deseñadas para que o público goce de exposicións, museos, obras de teatro e, por suposto, moita música.
E é que a cidade é o lugar elixido por grandes artistas nacionais e internacionais para ofrecer os seus concertos, tanto ao aire libre como no Coliseum ou nas pequenas salas de concertos.
Se queres visitar a cidade e aproveitar algunha actuación musical, descúbrea na nosa programación.


Este xuño, estende a túa toalla na Coruña.
Chega o mes dos cambios. Xuño é o mes perfecto para poñer a punto todo aquilo que vaiamos usar e a desfrutar durante o verán, por iso na Coruña invitámoste a que estendas a túa toalla e imaxines como pasarás as seguintes semanas.
Queres vivir unha noite máxica? Achégate a gozar do noso San Xoán, festa declarada de Interese Turístico Internacional. Apetéceche probar novos sabores? A gastronomía da Coruña é ampla e de primeira. Es fan da moda e encántanche as últimas tendencias? Descúbreas na Coruña.
Despídete da primavera na Coruña e consulta a nosa guía de lecer para non perder nada.