Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Guía de ocio

San Juan A Coruña

Xuño na Coruña: San Xoán e cheiro a verán

Pasear durante o mes de xuño pola Coruña significa mergullarse entre as ondas do Orzán e no cheiro a crema solar na zona do Matadoiro, ver como os xeados artesanais son un complemento máis daqueles/as que camiñan pola Mariña, escoitar o son dos flashes na praza de María Pita e, por suposto, sentir os nervios pola celebración do San Xoán. Visitar A Coruña no mes de xuño é, en definitiva, darlle a benvida ao verán.

Na cidade herculina non hai fin de semana sen celebración. A través de concertos, festivais, sesións vermú ou actos culturais, é difícil non achegarse ata algún bar, teatro ou sala para gozar deste tipo de actividades. Aínda así, existe un evento na Coruña que representa a súa esencia e espírito como ningún outro: o San Xoán.

Este mes, non perdas ningún evento grazas á nosa guía de lecer.

Torre de Hércules

Torre de Hércules

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en