Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 18/07/2024
Bolsas de matrícula ordinaria e aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2025/265 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).
Dende o 17/09/2025 ata o 16/09/2026
Ata o 04/08/2025
Academy Santander Open Academy organiza esta formación en liña e gratuíta que poderás realizar ao teu ritmo.
Ata o 11/07/25
Convocatoria para selección, mediante concurso de méritos, de persoal para a cobertura con carácter temporal (namentras se tramita o procedemento de selección definitiva) mediante contrato laboral temporal, de un/unha técnico/a de calidade para a Unidade de Produción de Fármacos situada en Santiago de Compostela.
Ata o 07/07/25
Convocatoria do proceso selectivo mediante oposición para a contratación de persoal laboral temporal para a brigada de incendios (1 xefe/a de brigada, 1 peón/a condutor/a e 3 peóns/as) no Concello de Camariñas.
Dende o 23/08/2025 ata o 31/08/2025
Ata o 06/07/25
Este curso desenvólvese na Toscana (Italia) e ofrece talleres prácticos para aprender a contar historias que aborden temas sociais pouco visibles, como a exclusión ou a identidade. A través do teatro, a escritura creativa e actividades en grupo, os participantes adquirirán ferramentas útiles e innovadoras para traballar con mozas en contornas vulnerables.
29/08/2025
É precisa inscrición previa
A última semana de agosto de cada ano celébrase en máis de 30 países a Noite Europea dos Morcegos. A Deputación da Coruña únese a esta efeméride e celebrará unha noite de morcegos nos xardíns e no bosque do Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible