Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

A Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional pretende dotar ao sistema de FP dunha maior flexibilidade e opcións de continuidade que permitan avanzar máis facilmente na aprendizaxe mediante itinerarios formativos personalizados, adaptados aos intereses e necesidades de cada persoa. É función do Sistema de Formación Profesional o desenvolvemento persoal e profesional da persoa, a mellora continuada da súa cualificación ao longo de toda a vida e a garantía da satisfacción das necesidades formativas do sistema produtivo e do emprego.

Para iso, ademais de clasificar os ensinos de FP en niveis e familias, o novo modelo organízaas en cinco graos ascendentes (A, B, C, D e E), en función da amplitude dos contidos e da cantidade de elementos ou estándares de competencia que permita desenvolver cada formación:

Graos A. Acreditación parcial de competencias: estas microacreditaciones son a oferta elemental do Sistema de Formación Profesional. Do mesmo xeito que os graos B e C, son unha oferta parcial e acumulable. Cada acreditación parcial pode incluír un ou varios elementos de competencia dun módulo profesional contemplado no Catálogo Modular de Formación Profesional.

Graos B. Certificado de Competencia: oferta parcial e acumulable. Cada certificado de competencia coincide cun módulo profesional incluído no Catálogo Modular de Formación Profesional. Pódese obter un certificado de competencia (Graos B1, B2 ou B3) por acumulación de varias acreditacións parciais (Grao A).

Graos C. Certificado Profesional: oferta parcial e acumulable, composta por varios módulos profesionais do Catálogo Modular de Formación Profesional. Con el obtéñense uns coñecementos que teñen significación no mercado laboral. Pódese obter un certificado profesional (Grao C1, C2 ou C3) por acumulación de varios certificados de competencia (Graos B).

Graos D. Ciclos Formativos: son a principal oferta do Sistema de Formación Profesional. Están compostos por módulos e a súa oferta está baseada no Catálogo Nacional de Estándares de Competencias Profesionais e no Catalogo Modular de Formación Profesional. Pódese obter un título de Técnico/a Básico (D1), Técnico/a (D2) e/ou Técnico/a Superior (D3) por acumulación de varios certificados profesionais (Graos C).

Graos E. Cursos de Especialización: esta formación especializada, especialmente en campos emerxentes da contorna laboral, permite unha formación complementaria a aquelas persoas que xa contan cunha titulación de Formación Profesional, oferta formativa de grao D. En función da súa complexidade, poderán ser de nivel 2 (Grao Medio) ou nivel 3 (Grao Superior). Para acceder a esta formación, tes que ter un dos títulos de grao medio ou superior que se require, segundo o curso de especialización que elixas. Cando a finalices, obterás a titulación de Técnico/a Especialista , se é de nivel 2 (Grao Medio), ou Máster de Formación Profesional, se é de nivel 3 (Grao Superior).

D1. Formación profesional básica

Son ciclos formativos de grao básico, con carácter xeral, os vinculados a estándares de competencia de nivel 1 do Catálogo Nacional de Estándares de Competencias Profesionais.A duración dos ciclos de formación profesional básica será de 2.000 horas, equivalentes a 2 cursos académicos a tempo completo.Os ciclos formativos de grao básico facilitarán a adquisición das competencias de educación secundaria obrigatoria a través de ensinos organizados nos seguintes ámbitos e proxecto:

  • Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais, que incluirá as seguintes materias: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua estranxeira de iniciación profesional e Ciencias Sociais.
  • Ámbito de Ciencias Aplicadas, que incluirá as seguintes materias: Matemáticas Aplicadas e Ciencias Aplicadas.
  • Ámbito Profesional, que incluirá polo menos a formación necesaria para obter un certificado profesional de Grao C vinculado a estándares de competencia de nivel 1 do Catálogo Nacional de Estándares de Competencias Profesionais.
  • Proxecto anual de aprendizaxe colaborativa vinculada aos tres ámbitos anteriores.

Estes ciclos poderán incluír, ademais, outros complementos de formación que contribúan ao desenvolvemento das competencias da educación secundaria obrigatoria.

REQUISITOS DE ACCESO:

Alumnado en idade de escolarización obrigatoria: o alumnado en idade de escolarización obrigatoria ten que cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 90 do Real decreto 659/2023. Por tanto, para acceder aos ciclos formativos de grao básico terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:

  • Ter feitos 15 anos ou facelos durante o ano natural en curso.
  • Cursar o 3º curso da ESO ou, excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación no centro, o 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
  • Ser obxecto de proposta ou solicitar por petición propia, xunto cos pais, as nais ou acodes titoras legais, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, cando o perfil vocacional do alumno ou da alumna así o aconselle.

Deste xeito, dentro do grupo de alumnado en idade de escolarización obrigatoria temos dous subgrupos.

  • Alumnado procedente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
  • Alumnado procedente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou acodes titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico.

Alumnado en idade de escolarización non obrigatoria: as persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:

  • Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin de ningún outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

PROCESO DE ADMISIÓN:

No caso de alumnado que estea a cursar ensinos da ESO que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/ as titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.

No caso de alumnado de FP básica repetidor, 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso a solicitude será presentada no centro onde está matriculado no curso actual.

No resto dos casos (alumnado sen matrícula na ESO que faga 17, 18, 19, 20 anos nel de inicio do ciclo formativo) presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais no centro no que pretendan ser admitidos.

DATAS: 2ª quincena do mes de xuño

TITULACIÓN:

Ao acabar obtense o título profesional básico na especialidade correspondente. Inclúe polo menos unha cualificación profesional básica completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais.

Adicionalmente, obterase o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

O alumnado que finalicen os seus estudos sen obter o título de técnico básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificaciones e Formación Profesional.

O título profesional básico permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.

* Oferta de ciclos básicos na Coruña

D2. Ciclos formativos de grao medio

Os ciclos formativos de grao medio teñen unha duración de 2 anos escolares (2.000 horas), estrutúranse en módulos formativos. Todos os ciclos inclúen un módulo de formación en centros de traballo (prácticas) que permite completar a aprendizaxe e perfeccionar a cualificación profesional nunha empresa do sector.

REQUISITOS DE ACCESO:

Ter algún dos seguintes títulos:

  • Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
  • Título Profesional Básico.
  • Título de Técnico/a ou de Técnico/a Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.

Superar:

  • Unha oferta formativa de Grao C incluída no ciclo formativo.
  • Un curso de formación específico preparatorio e gratuíto para o acceso a ciclos formativos de grao medio en centros expresamente autorizados pola Administración educativa.
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
  • 2º de BUP ata cun máximo de 2 materias pendentes.
  • Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder a FP).

TITULACIÓN:

Superado un ciclo de grao medio obtense o título de Técnico ou Técnica en...

Saídas laborais: a obtención do título de técnico ou técnica permite a incorporación da persoa ao mercado laboral.

O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser executada de maneira autónoma e que pode levar consigo a asunción de responsabilidades dentro dunha organización produtiva.

Nos currículos de cada ciclo formativo descríbese a contorna profesional onde a persoa titulada pode exercer o seu labor, ademais de indicarse as ocupacións e os postos de traballo máis destacados para exercer a súa profesión.

O título é equivalente a efectos laborais ao título de bacharelato.

Saídas académicas: ao finalizar un ciclo formativo de grao medio pódese acceder directamente a calquera ciclo de grao medio ou de grao superior, ou determinados cursos de especialización. Tamén é posible obter o título de bacharelato na modalidade Xeral mediante a superación das materias comúns.

* Oferta de CM e CS réxime ordinario na Coruña

D3. Ciclos formativos de grao superior

Os ciclos formativos de grao superior, na súa maioría, teñen unha duración de 2 anos escolares (2.000 horas), estrutúranse en módulos formativos. Todos os ciclos inclúen un módulo de formación en centros de traballo (prácticas) que permite completar a aprendizaxe e perfeccionar a cualificación profesional nunha empresa do sector; e un módulo de proxecto que ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis relevantes das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

REQUISITOS DE ACCESO:

Ter algún dos seguintes títulos:

  • Título de Bacharelato.
  • Título de Técnico/a (D2 Grao Medio).
  • Título de Técnico/a Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos.
  • Técnica ou Técnico en Artes Plásticas e Deseño.
  • Titulación Universitaria.

Superar:

  • 3º de BUP.
  • COU, curso de orientación universitaria.
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.
  • Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder a FP).

TITULACIÓN:

Superado un ciclo de grao superior obtense o título de Técnico ou Técnica Superior en...

Saídas laborais: a obtención do título de técnico superior ou técnica superior permite a incorporación da persoa ao mercado laboral.

O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser executada de maneira autónoma e que pode levar consigo a asunción de responsabilidades dentro dunha organización produtiva.

Nos currículos de cada ciclo formativo descríbese a contorna profesional onde a persoa titulada pode exercer o seu labor, ademais de indicarse as ocupacións e os postos de traballo máis relevantes para exercer a súa profesión.

Saídas académicas: ao finalizar un ciclo formativo de grao superior pódese acceder a calquera ciclo de grao medio ou de grao superior, ou determinados cursos de especialización.

Tamén se pode acceder a calquera ensino universitario de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

* Oferta de CM e CS réxime ordinario na Coruña

Formación profesional dual intensiva

A Fp dual intensiva correspóndese co réxime de formación profesional que se realiza alternando a formación no centro de formación profesional ou na empresa ou organismo equiparado coa actividade produtiva.

A FP dual intensiva integra os tres alicerces que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular, formación na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado ao centro educativo coa formación na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que os ensinos profesionais adecúense ás necesidades do mercado laboral.

O alumnado percibe unha compensación proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

REQUISITOS DE ACCESO:

  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural no que comece o ciclo formativo. * O alumnado que teña 16 anos no momento de incorporación á empresa e que cumpra os requisitos de acceso, poderase matricular nos proxectos de formación profesional dual intensiva nos que, despois de acabado o período común de matriculación no proceso de admisión a estes ensinos, queden prazas vacantes e, por tanto, non exista lista de espera.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
  • Non superar ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
  • Só para aqueles programas formativos nos que o alumnado estea vinculado mediante contrato, non realizar con anterioridade un contrato de formación en alternancia regulado no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, e cumprir os requisitos na normativa laboral vixente para poder formalizalo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible