8 resultados
Dende o 12/07/2025 ata o 15/12/2025
Esta exposición contén as imaxes premiadas do European Wildlife Photographer of the Year, un dos concursos de fotografía de natureza máis prestixiosos do mundo. A exposición ten como obxectivo incrementar entre o público a conciencia e o interese por preservar o medio ambiente; grazas as 85 fotografías que a compoñen.
Dende o 28/06/2025 ata o 14/09/2025
Exposición de máis de 140 fotografías do fotógrafo David Bailey que retratou a escena londiniense na década entre os 60 e os 70.
Dende o 01/07/2025 ata o 29/08/2025, os martes, xoves e venres
É precisa reserva da visita.
Para dar a coñecer o natural e histórico da Illa de Santa Cruz, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, comeza un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos durante este verán.
Dende o 01/07/2025 ata o 30/09/2025
A biblioteca do CEIDA e centro de documentación ambiental acolle na súa sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, a exposición ‘O Observatorio', da artista oleirense Alo. Unha colección de obras realizadas en acuarela que recolle algunhas das súas observacións no medio natural e saídas de campo.
ata o 30/08/2025
A Sede Afundación A Coruña acolle a exposición "Espazo e Tempo. A escultura na colección ABANCA" , unha oportunidade para explorar a relación entre escultura, pintura e arquitectura, invitando a reflexionar sobre como estas disciplinas se complementan e desafían mutuamente.
Dende o 24/04/2025 ata o 13/09/2025
HÁBITATS. Naturezas Estendidas xa está na Sede Afundación da Coruña cunha proposta única: unha experiencia sensorial inmersiva para viaxar polos cinco continentes e descubrir a diversidade dos ecosistemas do planeta Terra. A través das tecnoloxías máis punteiras de realidade virtual (VR) e realidade aumentada (AR), poderás interactuar con espazos, animais e plantas remotos.
Dende o 29/05/2025 ata o 07/09/2025
A Fundación Luis Seoane organiza a exposición "Arte e guerra. Geishas e samuráis no antigo Xapón", que ofrece un panorama completo sobre a vida xaponesa do século XIX a través dun conxunto de pezas significativas como os gravados ukiyo-e ou estampas do mundo flotante, fotografías de época, armaduras e kimonos tradicionais e unha serie de obxectos diversos.
Dende o 18/05/2025 ata o 06/09/2025
O Museo Histórico Militar acolle unha exposición con clicks de playmobil: “Pavía 1525.500 anos do nacemento dos Terzos españois”
resultados 8
Dende o 05/07/2025 ata o 29/07/2025
Dende o 12/07/2025 ata o 31/07/2025
Xullo e agosto de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible