Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
As ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva.
Unha característica fundamental destes ensinos é a esixencia dunha proba de acceso de carácter específico. Con ela débese demostrar un nivel de dominio suficiente da modalidade ou especialidade deportiva para poder seguir con aproveitamento e seguridade os ensinos.
Grao medio:
Para acceder ao ciclo inicial dos ensinos de grao medio será necesario ter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente a efectos académicos.
Ademais dos requisitos xerais, para o acceso a calquera dos ciclos de ensino deportivo poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico, ou acreditar un mérito deportivo.
O título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria poderá substituírse pola superación dunha proba na que se demostre a madurez en relación cos contidos que se determinen no currículo da ESO. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 17 anos.
A superación dos ciclos inicial e final de ensino deportivo dará lugar á obtención do título de técnico deportivo que corresponda.
Grao superior:
Para acceder ao ciclo de grao superior será necesario ter os títulos de:
Bacharel ou equivalente a efectos académicos.
Técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
O título de bacharel poderá substituírse pola superación dunha proba na que se demostre a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato. Para realizar esta proba necesítanse 19 anos. Esta proba pódese substituír pola parte común da proba de acceso á formación profesional de grao superior.
Ademais dos requisitos anteriores, cada modalidade poderá esixir calquera das seguintes condicións:
A acreditación de determinados méritos deportivos.
A superación dunha proba de carácter específico da modalidade ou especialidade deportiva.
A superación do ciclo de grao superior dá lugar á obtención do título de técnico deportivo superior na modalidade ou especialidade deportiva.
Os títulos de técnico deportivo superior nas diferentes modalidades e especialidades deportivas permiten o acceso aos estudos universitarios.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible