Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

28 resultados

  • Bolsas de formación no Instituto Cervantes

    Fachada do edificio do Instituto Cervantes.

    Inscricións:

    Ata o 04/08/2025

    38 bolsas coa finalidade de formar especialistas en áreas relacionadas coa promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior; a adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural, incluídas as de carácter administrativo e de asesoramento xurídico.

  • Programa Respiro Familiar

    pernas colgando

    Inscricións:

    Ata o 15/10/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade en aberto o prazo de solicitude para as axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras.

  • Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

    imaxe aérea do centro Galego de Tecnificación Deportiva

    Inscricións:

    Ata o 18/07/2025

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca as prazas de de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a temporada 2025/2026.

  • Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero

    man tendida

    Inscricións:

    Ata o 28/11/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade ten convocadas as axudas que teñen como finalidade proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e indemnizacións para facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

  • Bolsas Adecco para persoas con discapacidade 2025

    Porco de hucha cun pergamiño de graduado e un chapeu á beira dunhas moedas

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2025

    A fundación Adecco convoca estas bolsas co propósito de lograr a inclusión laboral das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.

  • Prazas e bolsas nas residencias xuvenís

    Edificio e xardín da residencia xuvenil en Ourense.

    Inscricións:

    Ata o 23/07/2025

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon á disposición das persoas mozas estudantes e das persoas mozas traballadoras residencias xuvenís que, ademais do aloxamento e mantenza, ofrecen unha serie de servizos e actividades de convivencia e educativas complementarias.

  • Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia

    Culleres con especias.

    Inscricións:

    Ata o 18/07/2024

    Bolsas de matrícula ordinaria e aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa, para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2025/265 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

  • Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

    Persoa con roupa de deporte.

    Inscricións:

    Ata o 18/07/2025

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca 6 bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2025/26, destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior.

  • Axudas de indemnización económica Indemnizacións para vítimas de violencia machista

    man tocando parede

    Inscricións:

    Ata o 01/12/2025

    Convocatoria de axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

  • Prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes

    Centro residencial docente Ourense.

    Inscricións:

    Ata o 08/08/2025

    Prazo extraordinario do 1 ao 5 de setembro de 2025, de quedar prazas vacantes. 

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2025/26.

resultados 28

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible