Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

38 resultados

  • Cinenterraza "Cult-movies 2025"

    Cartel Cinenterraza Cult-movies, 2025

    Cando:

    Dende o 02/07/2025 ata o 24/07/2025

    O vestíbulo do Fórum Metropolitano acolle en xullo unha nova edición de Cinenterraza, cunha selección de clásicos do cinema de culto de todas as épocas e estilos proxectados en pantalla grande. Con cada proxección haberá tamén un coloquio con persoas convidadas do mundo de la cultura.

  • HÁBITATS. Natureza Estendida

    Cadro da exposición

    Cando:

    Dende o 24/04/2025 ata o 13/09/2025

    HÁBITATS. Naturezas Estendidas xa está na Sede Afundación da Coruña cunha proposta única: unha experiencia sensorial inmersiva para viaxar polos cinco continentes e descubrir a diversidade dos ecosistemas do planeta Terra. A través das tecnoloxías máis punteiras de realidade virtual (VR) e realidade aumentada (AR), poderás interactuar con espazos, animais e plantas remotos.

  • Coruña en forma 2025

    Cartel da actividade

    Cando:

    Xullo e agosto de 2025

    O Concello da Coruña presenta unha nova edición de "Coruña en forma", que ofrece actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía, sen inscrición previa, e totalmente gratuítas para promover hábitos de vida saudables durante os meses de xullo e agosto. Esta iniciativa ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre.

  • Orgullo Coruña 2025

    Cartel Orgullo Coruña 2025

    Cando:

    Dende o 26/06/2025 ata o 17/07/2025

    O Concello da Coruña presenta o programa de actividades organizadas para celebrar a festa do Orgullo LGTBIQ+ na cidade, baixo o lema "Aquí, alí, en todos lados". Este ano a programación do Orgullo conta con máis de 20 actividades que chegan a cinco barrios e celebran os 20 anos do matrimonio igualitario.

  • Campamento de teatro

    cartel do campamento con información.

    Cando:

    Dende o 23/06/2025 ata o 01/08/2025

    A compañía de teatro Noite Bohemia organiza, no CEIP Curros Enríquez, uns campamentos teatrais onde desfrutar facendo artes escénicas, dirixidos a rapazada de 6 a 13 anos.

  • FESTIVAL ATLÁNTICA | Festival Internacional da Narración Oral

    cartel do festival.

    Cando:

    Dende o 28/06/2025 ata o 06/07/2025

    A organización do Festival, co apoio das entidades colaboradoras, celebrará nas próximas semanas espectáculos de narración oral, concertos, rutas e vermú de contos, en espazos patrimoniais de 25 localidades da comunidade e unha programación especial entre Galicia e Portugal, nas que se empregará o galego, castelán e portugués.

  • Rutas Sendeirismo Inclusivo–Verán de 2025

    Fotografía dun carreiro.

    Cando:

    Os días 06/07/2025, 10/08/2025

    A Fundación María José Jove, fiel ao seu compromiso por fomentar a actividade física saudable e o lecer inclusivo, no marco do programa ESFUERZA, abre o prazo de inscrición para as dúas rutas de sendeirismo inclusivo con cans de terapia deste verán.

  • XX Campamento Urbano 2025 – “Memorias da cidade”

    Cartel cos datos do campamento sobre o debuxo de diversos edificios históricos da cidade.

    Cando:

    Dende o 28/07/2025 ata o 08/08/2025

    A Asociación Centro Xuvenil Abeiro organiza este campamento gratuíto dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e o 2018 que por diversas razóns, pasan as súas vacacións na cidade da Coruña.

  • Bautismos de escalada no mes de xullo

    Cartel

    Cando:

    Dende o 02/07/2025 ata o 30/07/2025

    A AMI (Agrupación de Montañeiros Independentes) organiza bautismos de escalada para o mes de xullo.

  • Programa de actividades de Viraventos para persoas mozas

    Cartel das actividades.

    Cando:

    Dende o 25/06/2025 ata o 25/08/2025

    O proxecto educativo “Educación para a cidadanía en contextos diversos” está deseñado para persoas mozas de diferentes orixes culturais, sociais e identitarios, que buscan convivir, aprender e expresarse nunha contorna segura, inclusiva e respectuosa.

resultados 38

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible