Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 28/07/2025
A Universidade de Salamanca convoca probas selectivas de ingreso á escala Auxiliar Administrativa. Sistema concurso-oposición.
Dende o 04/08/2025 ata o 14/08/2025
Durante o mes de agosto, a Aula CeMIT de Eirís non imparte cursos, pero mantén a atención presencial durante a primeira quincena na aula aberta.
Ata o 08/08/2025
Prazo extraordinario: do 1 ao 9 de setembro de 2025, no caso de existiren prazas vacantes.
A Consellería do Mar oferta prazas de residencia e de comedor para o curso académico 2025/2026, nos centros residenciais do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Ata o 30/09/2025
A Fundación Policía Española, a Fundación Globalcaja Albacete e Augas de Albacete fan pública a convocatoria do XXXV Certame literario "Premio de relato curto Policia Nacional".
Ata o 11/08/2025
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025.
Dende o 01/08/2025 ata o 31/08/2025
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible