18 resultados
Ata o 16/06/2025
O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil"convocan o XVIII Concurso fotográfico "Rosa Pons Fábregas" co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén, co tema "Libre", espallar a arte da fotografía.
Ata o 29/06/2025
A Fundación Florencio Delgado Gurriarán, co apoio e patrocinio da Deputación de Ourense, convoca o VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, que ten por finalidade fomentar a escrita de textos poéticos en lingua galega así como a difusión dos seus autores e autoras.
Ata o 15/06/2025
O Concello de Ames convoca a seguinda edición do concurso " Baila con Ames". Este ano a xornada de selección celebrarase de forma presencial no Milladoiro o día 28 de xuño de 2025 e a fase final en Bertamiráns o día 18 de xullo de 2025.
Ata o 20/06/2025
UNED Xaén e o Concello de Alcalá La Real convocan o XI Certame de Relatos Curtos “Cursos de Verán” baixo a temática "A ciencia"
Ata o 09/06/2025
O INJUVE convoca os seus premios de Xornalismo e Comunicación 2025 co obxectivo de recoñecer o traballo de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.
Ata o 27/06/2025
ata as 12.00 h
O Museo Goya de Fundación Ibercaja convoca o V Concurso de Cómic "Universo Goya", destinado a fomentar o coñecemento entre as mozas e mozos da obra e traxectoria do xenial pintor aragonés, un dos máis relevantes da cultura artística española e universal.
Ata o 25/06/2025
Fundación Caja Rioja convoca en 2025 unha nova edición do certame de relato breve "Relatos con zapatos"
Ata o 15/06/2025
Edicións Desnivel, co propósito de estimular a creación literaria en lingua española que reflicta os valores do montañismo, das viaxes e doutras formas de aventura na natureza, convoca o XXVII Premio Desnivel de Literatura de Montaña, Viaxes e Aventuras.
Ata o 10/06/2025
A Asociación Cultural Club Excélsior, coa colaboración do Concello de Daya Nova, a Diputación de Alicante, a Cátedra Arzobispo Loazes e a Fundación Cultural Miguel Hernández, convoca a XXXIII edición do Certame de Poesía Xuvenil Miguel Hernández
Dende o 01/06/2025 ata o 10/06/2025
A Asociación Meteorolóxica Española (AME), en colaboración con Tempo.com, convoca o concurso de fotografía "Meteoprimavera 2025".
resultados 18
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible