Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

Descrición

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Servizo Municipal

Educación

Tipo de actividade

Outras

Titularidade do centro

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido

Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os Estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás ANPA e ao público interesado.

As xornadas organízanse en:

  • VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
  • Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
  • E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo dás Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.

Ademais, o alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a Guía TI ELIXES 2025 (dispoñible para a súa descarga na sección de Documentos "" desta mesma páxina), con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego xuvenil.

ACCESO Ás XORNADAS

O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

Organiza:

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN

Colaboran:

A REDE MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL

Os CENTROS PÚBLICOS DE FP DA CIDADE DA CORUÑA:

  • CIFP Ánxel Casal
  • CIFP Imaxe e Son
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES Agra do Orzán
  • IES A Sardiñeira
  • IES Fernando Wirtz Suarez
  • IES Eusebio da Guarda
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Rosalía Mera
  • IES Urbano Lugrís

AS ESCOLAS DE ARTES E SUPERIORES DE DESEÑO Pablo Picasso (A Coruña) e Mestre Mateo (Santiago de Compostela)

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible