Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 31/07/2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, co obxectivo de recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursase cun excelente resultado académico as ensinanzas artísticas profesionais, convoca os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño.
Ata o 22/07/2025
Proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de agarda de persoal laboral temporal para a cobertura temporal de prazas de Graduado/a Enfermería. O sistema selectivo será o de oposición.
Ata o 21/07/2025
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.
De setembro 2025 a febreiro 2026.
Ata o 31/07/2025
prazo ampliado.
Faz-Te Forward é un programa gratuíto dirixido a persoas novas de 18 a 29 anos que desexen mellorar o seu empleabilidad, desenvolver habilidades crave e acceder ao mundo laboral con máis forza e confianza.
19/07/2025
O Planetario da Casa das Ciencias acolle unha sesión de verán do ciclo Modulartec-Vortex, unha experiencia inmersiva que combina a música electrónica coa proxección de imaxes sobre a cúpula do planetario.
20/07/2025
Xornada de voluntariado na Reserva de Anfibios do Catorce, para arrincar os exemplares de xunca olorosa (Cyperus eragrostis) que naceron este ano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible