Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
155 resultados
A Mesa do Congreso dos Deputados procede á convocatoria pública para a provisión, en réxime de contratación laboral de dúas prazas vacantes de Guía con idioma inglés e dúas prazas vacantes de Guía con idioma francés, con destino na Dirección de Relacións Institucionais da Secretaría Xeral do Congreso dos Deputados.
Dende o 01/08/2025 ata o 31/08/2025
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
A Universidade de Burgos convoca proceso selectivo para o ingreso na Escala Auxiliar Administrativa da Universidade mediante o sistema de concurso-oposición.
Convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de administrativo/a (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre.
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), CFEA de Sergude (Boqueixón), CFEA Pedro Murias de Ribadeo e CFEA de Becerreá.
Concurso-oposición para o ingreso nas seguintes especialidades da categoría de enfermeiro e enfermeira especialista: enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica, enfermaría pediátrica e enfermaría do traballo.
A Universidade de Vigo convoca estas bolsas que teñen por obxecto fomentar unha mellor ormación teórica e práctica do estudantado, colaborando en actividades vinculadas á titulación na que se matricula, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.
Convocatoria de probas selectivas para a provisión de tres plazasde a Escala Técnica de Xestión da Universidade de Murcia. Sistema concurso-oposición.
Bolsas para a formación de titulados universitarios que desexen adquirir coñecementos sobre os campos técnico-científico dos medicamentos de uso humano, veterinario, de inspección e control, dos produtos sanitarios; de certificación de produtos sanitarios; relativos a formación xurídica relacionada co ámbito de medicamentos e produtos sanitarios, contratación pública e réxime interior.
Publicada a convocatoria da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula a organización das ensinanzas de inglés na modalidade de educación a distancia denominada That’s English!, incluíndo os cursos ExamPrep preparatorios das probas de certificación dos niveis B2 e C1, nas escolas oficiais de idiomas para o curso 2025/26.
resultados 155
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible