Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

34 resultados

  • Exposición "Fotógrafos da natureza 2025"

    Imaxe da exposición

    Cando:

    Dende o 12/07/2025 ata o 15/12/2025

    Esta exposición contén as imaxes premiadas do European Wildlife Photographer of the Year, un dos concursos de fotografía de natureza máis prestixiosos do mundo. A exposición ten como obxectivo incrementar entre o público a conciencia e o interese por preservar o medio ambiente; grazas as 85 fotografías que a compoñen.

  • Exposición David Bailey´s changing fashion

    Exposición fotográfica

    Cando:

    Dende o 28/06/2025 ata o 14/09/2025

    Exposición de máis de 140 fotografías do fotógrafo David Bailey que retratou a escena londiniense na década entre os 60 e os 70.

  • Noites do Porto 2025

    Diferentes elementos musicais

    Cando:

    Dende o 22/09/2025 ata o 02/10/2025

    O festival de música Noites do Porto regresa este setembro con máis días, máis espazos e máis artistas.

  • Actividades Verán MUNCYT 2025

    Neno cun avión de madeira na man

    Cando:

    Dende o 01/07/2025 ata o 01/09/2025

    As actividades varían en función do día e a hora.

    O MUNCYT Coruña ofrece diferentes actividades durantes os meses de xullo e agosto.

  • Programa de Visitas Guiadas ao Castelo de Santa Cruz

    Castelo de Santa Cruz

    Cando:

    Dende o 01/07/2025 ata o 29/08/2025, os martes, xoves e venres

    Para dar a coñecer o natural e histórico da Illa de Santa Cruz, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, comeza un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos durante este verán.

  • VIII Festival: Elas Son Artistas

    Logo Elas Son Artistas en branco, negro e morado

    Cando:

    ata o 29/11/2025

    Datas soltas entre xullo e novembro.

    Elas son artistas chega a súa VIII edición. O festival reivindica a igualdade e fai unha homenaxe á muller creadora; a cal será protagonista. Nesta edición participan os concellos de A Coruña, Arteixo, Betanzos, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

  • Exposición ‘O Observatorio’ de Alo

    Imaxe de plumas pintadas con acuarela

    Cando:

    Dende o 01/07/2025 ata o 30/09/2025

    A biblioteca do CEIDA e centro de documentación ambiental acolle na súa sede, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, a exposición ‘O Observatorio', da artista oleirense Alo. Unha colección de obras realizadas en acuarela que recolle algunhas das súas observacións no medio natural e saídas de campo.

  • Actividades de salvamento para nenos e nenas

    Fotografía do posto de salvamento da praia de Riazor.

    O programa, promovido polo servizo de salvamento do Concello da Coruña, combina lecer, deporte e formación en valores para menores de 6 a 16 anos.

  • Actuacións de teatro ao aire libre de Noite Bohemia

    Patio interior do Castelo de San Antón

    Cando:

    Dende o 21/06/2025 ata o 20/07/2025

    Datas soltas. En concreto, os días 13/07 (barrio de Palavea) e 20/07 (Castelo de San Antón)

    A compañía de teatro Noite Bohemia, en colaboración co Concello, realizará diferentes obras de teatro ao aire libre co obxectivo de revitalizar espazos emblemáticos da cidade e consolidar o teatro ao aire libre como un sinal de identidade da cidade.

  • Roteiro nocturno: I noite de Morcegos no pazo de Mariñán

    Cartaz do evento

    Cando:

    29/08/2025

    A última semana de agosto de cada ano celébrase en máis de 30 países a Noite Europea dos Morcegos. A Deputación da Coruña únese a esta efeméride e celebrará unha noite de morcegos nos xardíns e no bosque do Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo).

resultados 34

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible