5 resultados
Xullo e agosto de 2025
O Concello da Coruña presenta unha nova edición de "Coruña en forma", que ofrece actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía, sen inscrición previa, e totalmente gratuítas para promover hábitos de vida saudables durante os meses de xullo e agosto. Esta iniciativa ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre.
Dende o 10/06/2025
ata 5 días antes do inicio do programa, de existir prazas vacantes.
A Campaña de verán 2025 da Xunta de Galicia inclúe un programa de lecer educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega de 18 a 30 anos. Prazas en diversos programas de actividades, en quendas de entre 4 e 13 días de duración, en albergues e residencias xuvenís.
Dende o 04/04/2025 ata o 02/08/2025
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades de balde para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.
De febreiro a outubro de 2025.
O Concello de Oleiros pon en marcha unha nova edición do programa que combina actividades de sendeirismo en espazos naturais, con visitas a museos ou outros lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.
As actividades desenvolveranse durante o curso escolar 2024-2025
O CEIDA acaba de reanudar o seu programa de educación ambiental "Para unha Transición Ecolóxica", dirixido aos centros educativos da provincia da Coruña para este curso escolar 2024-2025. O programa conta co apoio da Deputación da Coruña e inclúe catro áreas temáticas con diferentes actividades como roteiros, obradoiros, limpezas de praia, visitas a produtores...
resultados 5
Xullo e agosto de 2025
Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025
até as 13:00h.
Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025
até as 13.00h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible