Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

31 resultados

  • Prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria

    Rural con viñedos.

    Inscricións:

    Dende o 15/07/2025 ata o 31/07/2025

    A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), CFEA de Sergude (Boqueixón), CFEA Pedro Murias de Ribadeo e CFEA de Becerreá.

  • Bolsas de formación nos sistemas informáticos, centros docentes e de investigación, unidades e áreas dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo

    rapaces de costas paseando por corredor dunha facultade da UVigo

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2025

    A Universidade de Vigo convoca estas bolsas que teñen por obxecto fomentar unha mellor ormación teórica e práctica do estudantado, colaborando en actividades vinculadas á titulación na que se matricula, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.

  • 10 bolsas de formación na Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios

    Medicamentos en pastillas.

    Inscricións:

    Ata o 24/07/2025

    Bolsas para a formación de titulados universitarios que desexen adquirir coñecementos sobre os campos técnico-científico dos medicamentos de uso humano, veterinario, de inspección e control, dos produtos sanitarios; de certificación de produtos sanitarios; relativos a formación xurídica relacionada co ámbito de medicamentos e produtos sanitarios, contratación pública e réxime interior.

  • Axudas para a promoción de arte contempóraneo español para 2025

    Marcos baleiros nunha galería de arte.

    Inscricións:

    Dende o 07/07/2025 ata o 28/07/2025

    A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes, convoca para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 as axudas destinadas á promoción da arte contemporáneo español mediante o apoio ás galerías de arte, co obxectivo de impulsar ao sector cultural español, promovendo a circulación e visibilidade de obras e artistas españois, as prácticas empresariais e o desenvolvemento económico do sector das artes visuais no seu conxunto.

  • Premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais correspondentes ao curso 2024/25

    Auriculares e partitura.

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2025

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, co obxectivo de recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursase cun excelente resultado académico as ensinanzas artísticas profesionais, convoca os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño.

  • Subvencións para a realización de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

    humáns paseando collidos das mans

    Inscricións:

    Ata o 21/07/2025

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

  • Bolsas de formación no Instituto Cervantes

    Fachada do edificio do Instituto Cervantes.

    Inscricións:

    Ata o 04/08/2025

    38 bolsas coa finalidade de formar especialistas en áreas relacionadas coa promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior; a adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural, incluídas as de carácter administrativo e de asesoramento xurídico.

  • Programa Respiro Familiar

    pernas colgando

    Inscricións:

    Ata o 15/10/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade en aberto o prazo de solicitude para as axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras.

  • Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero

    man tendida

    Inscricións:

    Ata o 28/11/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade ten convocadas as axudas que teñen como finalidade proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e indemnizacións para facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

  • Bolsas Adecco para persoas con discapacidade 2025

    Porco de hucha cun pergamiño de graduado e un chapeu á beira dunhas moedas

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2025

    A fundación Adecco convoca estas bolsas co propósito de lograr a inclusión laboral das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.

resultados 31

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible