Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

16 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Axudas para a promoción de arte contempóraneo español para 2025

    Marcos baleiros nunha galería de arte.

    Inscricións:

    Dende o 07/07/2025 ata o 28/07/2025

    A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Belas Artes, convoca para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 as axudas destinadas á promoción da arte contemporáneo español mediante o apoio ás galerías de arte, co obxectivo de impulsar ao sector cultural español, promovendo a circulación e visibilidade de obras e artistas españois, as prácticas empresariais e o desenvolvemento económico do sector das artes visuais no seu conxunto.

  • Subvencións para a realización de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

    humáns paseando collidos das mans

    Inscricións:

    Ata o 21/07/2025

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.

  • Programa Respiro Familiar

    pernas colgando

    Inscricións:

    Ata o 15/10/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade en aberto o prazo de solicitude para as axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras.

  • Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero

    man tendida

    Inscricións:

    Ata o 28/11/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade ten convocadas as axudas que teñen como finalidade proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e indemnizacións para facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

  • Axudas de indemnización económica Indemnizacións para vítimas de violencia machista

    man tocando parede

    Inscricións:

    Ata o 01/12/2025

    Convocatoria de axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

  • Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

    mans agarradas

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2025

    A Consellería de Política Social e Igualdade convocou para o ano 2025 axudas económicas de carácter periódico a mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual.

  • Verán Novo 2025

    Banner programa Verán jóven.

    Cando:

    Dende o 01/07/2025 ata o 30/09/2025

    O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable activou descontos de ata o 90% para lles facilitar aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa.

  • Bono Cultural Joven 2025

    bono cultural mozo banner Ministerio de Cultura.

    Inscricións:

    Dende o 16/06/2025 ata o 31/10/2025

    Axuda de 400 euros do programa Bono Cultural Joven, que se abonará en cartóns prepago personalizadas, para a adquisición de produtos, servizos e actividades culturais.

  • Axudas para comprar bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas

    Bicicleta gravada no pavimento.

    Inscricións:

    Dende o 16/05/2025 ata o 13/11/2026

    ou cando se esgoten os fondos.

    A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, para o período 2025-2026.

  • Programa de avais para a adquisición de vivenda

    Fotografía dunha chave nunha porta cun llavero con forma de casa.

    Inscricións:

    Dende o 01/04/2025 ata o 31/10/2025

    OI GVS convoca este programa ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que na data de presentar a correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos ou, sen límite de idade cando se trate da adquisición dunha vivenda cualificada definitivamente como vivenda de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.

resultados 16

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible