Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Información Xuvenil

coruna.gal

13 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria

    Rural con viñedos.

    Inscricións:

    Dende o 15/07/2025 ata o 31/07/2025

    A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convoca o procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos Centros de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Lourizán (Pontevedra), CFEA de Sergude (Boqueixón), CFEA Pedro Murias de Ribadeo e CFEA de Becerreá.

  • Bolsas de formación nos sistemas informáticos, centros docentes e de investigación, unidades e áreas dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo

    rapaces de costas paseando por corredor dunha facultade da UVigo

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2025

    A Universidade de Vigo convoca estas bolsas que teñen por obxecto fomentar unha mellor ormación teórica e práctica do estudantado, colaborando en actividades vinculadas á titulación na que se matricula, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.

  • 10 bolsas de formación na Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios

    Medicamentos en pastillas.

    Inscricións:

    Ata o 24/07/2025

    Bolsas para a formación de titulados universitarios que desexen adquirir coñecementos sobre os campos técnico-científico dos medicamentos de uso humano, veterinario, de inspección e control, dos produtos sanitarios; de certificación de produtos sanitarios; relativos a formación xurídica relacionada co ámbito de medicamentos e produtos sanitarios, contratación pública e réxime interior.

  • Premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais correspondentes ao curso 2024/25

    Auriculares e partitura.

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2025

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, co obxectivo de recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursase cun excelente resultado académico as ensinanzas artísticas profesionais, convoca os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño.

  • Bolsas de formación no Instituto Cervantes

    Fachada do edificio do Instituto Cervantes.

    Inscricións:

    Ata o 04/08/2025

    38 bolsas coa finalidade de formar especialistas en áreas relacionadas coa promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior; a adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural, incluídas as de carácter administrativo e de asesoramento xurídico.

  • Bolsas Adecco para persoas con discapacidade 2025

    Porco de hucha cun pergamiño de graduado e un chapeu á beira dunhas moedas

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2025

    A fundación Adecco convoca estas bolsas co propósito de lograr a inclusión laboral das persoas con discapacidade, fomentando a formación en áreas con maiores saídas profesionais no ámbito empresarial.

  • Prazas e bolsas nas residencias xuvenís

    Edificio e xardín da residencia xuvenil en Ourense.

    Inscricións:

    Ata o 23/07/2025

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon á disposición das persoas mozas estudantes e das persoas mozas traballadoras residencias xuvenís que, ademais do aloxamento e mantenza, ofrecen unha serie de servizos e actividades de convivencia e educativas complementarias.

  • Prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes

    Centro residencial docente Ourense.

    Inscricións:

    Ata o 08/08/2025

    Prazo extraordinario do 1 ao 5 de setembro de 2025, de quedar prazas vacantes. 

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2025/26.

  • Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

    Edificio da residencia da Coruña.

    Inscricións:

    Alumnado matriculado en bacharelato: ata o 18/07/2025 (este incluído).

    Alumnado matriculado en ciclos formativos: ata o 04/08/2025 (este incluído).

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2025/26 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

  • X Edición Bolsa Nacho Mirás para xornalistas noveis

    Logo da bolsa Nacho Mirás.

    Inscricións:

    Ata o 31/07/2025

    Con esta iniciativa, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, as devanditas entidades pretenden apoiar proxectos xornalísticos de novos e novas tituladas en Ciencias da Comunicación ou Xornalismo. O proxecto conta tamén coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

resultados 13

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible